Wednesday 01 de May de 2024

A carballeira de Santa Minia acollerá mañá martes a proxección da película “A Esmorga”


A carballeira de Santa Minia (Brión) acollerá mañá martes 4 de xullo, ás 22:30 horas, a proxección dun dos éxitos recentes do cine feito en Galicia: “A esmorga” (2014) do director Ignacio Villar e adaptación da obra de Eduardo Blanco-Amor. Unha proxección incluída no programa “Noites de Cine”, organizado polo Concello de Brión e patrocinado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña, polo que o acceso é totalmente libre e de balde.

Un filme non recomendado para menores de 16 anos que narra unha crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de esmorga, que van deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, e tamén pechando portas tras tirar as chaves, coma se de maneira deliberada buscasen a perdición.